Leite chocolateado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un vaso de leite chocolateado.

O leite chocolateado é unha bebida preparada con leite (vexetal ou animal) e cacao en po, que pode tomarse fría ou quente.

Historia[editar | editar a fonte]

O Museo de Historia Natural de Londres nomea ao botánico irlandés Hans Sloane como o inventor de beber leite chocolateado. Sloane atopou a bebida xamaicana de cacao con auga imbebíbel, pero, ao engadirlle leite, melloraba moito o sabor. Porén, de acordo co historiador James Delbourgo, os xamaicanos tiñan unha bebida quente feita a partir de reladura de cacao fresco, fervido con leite e canela xa en 1494.

Carbohidratos e consumición[editar | editar a fonte]

Os carbohidratos líquidos do leite son abondos para tapar o sabor amargo da teobromina do cacao. Porén, a maioría das veces engádense edulcorantes para darlle ese toque doce á bebida.[1]

Dado que na chocolateada caseira as partículas do cacao en po afúndense rapidamente, recoméndase bater ou axitar a bebida iñantes da súa consumición. Isto non adoita ser un problema naquelas chocolateadas prefabricadas.[1]

Leite con chocolate e outros ingredientes[editar | editar a fonte]

O azucre engadido no leite chocolateado prefabricado é usado como conservante e a enerxía que dá o azucre convérteo en alimento instantáneo. Tamén se pode facer na casa mesturando leite con cacao en po e calquera tipo de edulcorante, con chocolate derretido, sirope de chocolate ou un preparado de chocolateado. Ingredientes como o amidón, sal, carraxenano, vainilla ou saborizantes tamén poden ser engadidos e mesmo, co fin de aumentar o valor nutricional, minerais como o óxido de zinc e o ferro son engadidos.

Impacto negativo na saúde[editar | editar a fonte]

Varios nutricionistas criticaron o leite chocolateado pola súa gran cantidade de azucre e a correlación coa obesidade infantil.[2] Como esta bebida pode chegar a conter máis do dobre de azucre ca o leite desnatado algúns colexios deixaron de servila.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Severson, Kim. "A school fight over chocolate milk". The New York Times. p. 3. 
  2. ""Home - UConn Rudd Center for Food Policy and Obesity"". Food Marketing to youth. 9 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 9 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de agosto de 2023.