Tres leis da robótica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

As tres leis da robótica son un conxunto de normas escritas por Isaac Asimov dentro do xénero literario da ciencia ficción, que a maioría dos robots das súas novelas e relatos están deseñados para cumprir.

Enunciado[editar | editar a fonte]

O enunciado definitivo (feito por Asimov e o editor John W. Campbell[1]) destas leis quedou do seguinte modo:

1) Un robot non lle pode facer dano a un ser humano nin permitir tampouco que, por omisión, un ser humano resulte danado.

2) Un robot debe obedecer as ordes ditadas polos seres humanos, bardante no caso de que as devanditas ordes contraveñan a Primeira Lei.

3) Un robot debe protexer a súa propia existencia sempre e cando esa protección non contraveña a Primeira ou a Segunda Lei.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]