Lei de Pinault

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A lei de Pinault é unha regra fonolóxica protoindoeuropea que recibe o seu nome do indoeuropeísta francés Georges-Jean Pinault, que foi o seu descubridor.

Segundo esta regra, as laringais protoindoeuropeas desaparecen ante *y. Comparemos:

  • PIE *krewh₂̥s 'carne crúa; sangue' > védico kravís, grego antigo κρέας (co reflexo regular da laringal silábica protoindoeuropea do védico -i- e grego antigo -α-).
  • PIE *krewyo- > védico kravyás, lituano. kraũjas (sen -i- en védico, lituano con acento circunflexo e non co agudo que debería producir unha laringal).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]