Lei de Okun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lei de Okun, proposta polo economista Arthur Okun en 1962, dá unha correlación entre o crecemento do PIB e a taxa de desemprego.

Segundo a lei de Okun «a taxa de desemprego varía só un 1 % por cada cambio cíclico do 2 ou 3 % na produción, e sempre na dirección oposta».

Polo tanto:

  • a maior produción, menos paro.
  • a menor produción, máis paro.

(pero o incremento/decremento na taxa de desemprego é só a metade do incremento/decremento no PIB real).


Esta medida é só unha observación empírica, xa que non é posible demostrala. Okun baseouse en datos dos anos 1950, e ademais avisou que esta teoría só é efectiva cando a taxa de desemprego está entre o 3 e 7'5 %.

Ata o de agora, a regra cumpriuse na meirande parte de casos, e por iso é considerada como unha observación moi fiable en macroeconomía. A porcentaxe exacta depende do período e do país considerados, aínda que o normal é que estea ao redor do 2,5 % (entre 2 e 3). O feito de que o coeficiente non sexa predicible fai que algúns consideren esta regra como pouco axeitada.