Saltar ao contido

Legio XVIII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Legio XVIII
 Instancia de
 Conflito
Datas
 Período
Localización
 Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/01zf2z Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Legio XVIII Augusta foi unha lexión romana creada por Augusto por volta do ano 41 aC e destruída na batalla da fraga de Teutoburgo no ano 9. A lexión creouse inicialmente para loitar contra Sexto Pompeio, adversario do segundo triunvirato. Aparentemente foi unha das lexións que Octavio lle prometeu a Marco Antonio para loitar contra os partos pero que nunca lle enviou.

A lexión estacionouse na Galia despois da derrota de Marco Antoni e Cleopatra na batalla de Actium no 31 aC., máis tarde transferiuse ao longo do Rhin formando parte do exército de Druso e despois de Tiberio en Xermania. No ano 7 Publius Quinctilius Varus chegou a Xermania como gobernador e comandante da Legio XVIII.

No ano 9 o líder dos queruscos Arminio rebelouse contra Roma e destruíu preto da actual Osnabrück as tres lexións romanas presentes, (XVII, XVIII e XIX)