Saltar ao contido

Learjet 40

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Learjet 40
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Implicados
 Desenvolvedor/a
Learjet (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Fabricante
Datas
 Entrada en servizo
xaneiro de 2004 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
31 de agosto de 2002 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0h30qg Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Learjet 40 (LJ40) é un reactor executivo lixeiro producido por Bombardier Aerospace.

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O Learjet 40 deriva do Learjet 45 pero ten unha fuselaxe máis curta (uns 60 cm) e está impulsado por dous motores Honeywell TFE731-20AR. O modelo 40 sucede ao Learjet 31A na liña de modelos Learjet, con varias melloras de actuación e comodidade tomadas do modelo 45.

O prototipo, un modelo 45 reconstruído, voou por primeira vez o 31 de agosto de 2002, e o primeiro avión de produción realizou o seu voo de estrea o 5 de setembro dese mesmo ano. Ámbolos dous voos tiveron lugar no aeroporto de Wichita Dwight D. Eisenhower. O Learjet 40 entrou en servizo en xaneiro de 2004.[1]

O Learjet 40XR é unha versión mellorada introducida en outubro de 2004, ofrecendo un maior peso de engalaxe, máis velocidade de cruceiro e mellor taxa de ascenso en comparación co LJ40. Os incrementos son debidos ao uso da configuración de motor mellorada TFE731-20BR.[2]

  1. "FLUG REVUE Aircraft Gallery: Bombardier Learjet 40". web.archive.org. 2006-12-09. Archived from the original on 09 de decembro de 2006. Consultado o 2023-07-06.
  2. Wings over Kansas (ed.). "Bombardier Aerospace Launches Learjet 40XR High Performance Light Jet". Archived from the original on 14 de novembro de 2006. Consultado o 14 de xuño de 2018.