Martín Manterola Lazcano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martín Manterola Lazcano
Nacemento24 de xuño de 1871
Lugar de nacementoGetaria
Falecemento7 de marzo de 1931
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónfrade
editar datos en Wikidata ]

Martín Manterola Lazcano, nado en Getaria o 24 de xuño de 1871, e finado en Santiago de Compostela o 7 de marzo de 1931, foi un frade e predicador vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño do cóengo e deputado carlista Vicente Manterola. Fíxose franciscano con 16 anos. Fixo a carreira eclesiástica en Santiago de Compostela. Foi un recoñecido predicador, que participou en misións e novenarios por todo Galicia. Provincial da orde franciscana e reitor do Colexio de San Francisco de Santiago de Compostela. Foi un dos promotores do monumento a San Francisco. Finou en Santiago de Compostela o 7 de marzo de 1931.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Colección de 30 cantos franciscanos.
  • Instituto Popularísimo. La orden tercera franciscana, 1923.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 7-3-1931, p. 2.