Saltar ao contido

Le Livre des trois vertus à l'enseignement des dames

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Le Livre des trois vertus à l'enseignement des dames
Título orixinalLe tresor de la cité des dames de degré en degré
Autor/aChristine de Pisan
Linguafrancés medio
Xénero(s)literatura didáctica e Alegoría
Data de pub.1405
Na rede
BNE: XX2098660
editar datos en Wikidata ]

Le Livre des trois vertus à l'enseignement des dames, tamén coñecido como Le trésor de la cité des dames (O Tesouro da Cidade das Damas) é un manual de educación da escritora medieval Cristina de Pizán. Acabado en 1405 o igual que A cidade das mulleres e dedicado a Margarida de Borgoña. O fin do libro era educar as mulleres de todos os estamentos, con consellos en diversos temas. Tanto A cidade das mulleres como Le Trésor de la cité des dames son as súas obras máis coñecidas.[1]

Cristina de Pizán presentando Le trésor de la cité des dames a Margarida de Borgoña

Xénese e descrición

[editar | editar a fonte]
A autora é axudada no seu descanso polas Tres Virtudes. Boston Biblioteca Pública, Coleccións Especiais, MS f. Med. 101.

No Livre de la cité des dames Cristina de Pizán fai unha defensa apaixonada e ben organizada das mulleres. Faino argumentando (a través de diversas vías e métodos) o valor das mulleres, refutando a visón de autores como Jean de Meun e citando exemplos relevantes de mulleres famosas e virtuosas. Na obra que lle seguiu, Le Trésor de la cité des dames, afirmou que logo de rematar A cidade das mulleres todo o que quería era descansar; mais, acusada de indolencia polas tres damas da Virtude (Razón, Rectitude e Xustiza) que a asistiran na escritura d'A cidade das mulleres, aceptou continuar coa secuela. A miniatura máis antiga do libro que aínda subsiste, supervisada por Pizán e realizada polo mesmo mestre que ilustrara A cidade das mulleres móstraa deitada na cama, tentando descansar, pero coas tres Virtudes de pé á súa esquerda, tirándoa do leito polo brazo.[2]No Trésor de la cité des dames, ofrecía as leccións aprendidas deses avatares femininos ás mulleres de «todos estamentos», incluídas as monxas, as prostitutas, as casadas ou as solteiras.[3]

Títulos e edicións

[editar | editar a fonte]

O primeiro manuscrito, dedicado a Margarida de Borgoña, Delfina de Francia, leva como título inicial Le Livre des trois vertus à l'enseignement des dames. Nos textos impresos publicados a partir de 1497, baixo o padroado de Ana da Bretaña, aparece baixo o título Le Trésor de la cité des dames de degré en degré e de tous estatz.[2]

Varios dos manuscritos aínda dispoñibles a día de hoxe están relacionados con Margarida de Borgoña e as súas irmás (todas elas utilizadas por Xoán sen Medo, para vodas políticas), permitindo unha ampla difusión do texto. O Trésor de la cité des dames áinda sobrevive nuns cantos manuscritos do século XV e tres edicións impresas dos séculos XV e XVI; a última data de 1536 e foi impresa por Jehan André e Denis Janot.[4]Cristina de Pizán, que gañaba a vida escribindo, estaba moi interesada en producir manuscritos suntuosamente ilustrados, e oito dos vinte manuscritos do século XV que chegaron ata nós son ilustrados. Preferiu utilizar o que Laura Rinaldi Dufresne denomina «un estilo italiano sinxelo, e simple en lugar das versións de intricada decoración dos obradoiros franceses». De Pizán supervisou as primeiras miniaturas, que foron feitas por «O mestre da Cidade das Damas», título que lle fora outorgado a Millard Meiss.[2]

  1. Cannon Charity, Willard (1984). Christine de Pizan : her life and works. Persea Books. p. 135. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Dufresne, Laura Rinaldi (23/1995). "Christine de Pizan's "Treasure of the City of Ladies": A Study of Dress and Social Hierarchy". Woman's Art Journal 16 (2): 29–34. doi:10.2307/1358572. 
  3. Allen, Prudence (1997-<2016>). The concept of woman. Grand Rapids, Michigan. p. 626. ISBN 978-0-8028-4270-1. OCLC 34832634. 
  4. de Pisan, Christine (2003). The treasure of the city of ladies, or The book of the three virtues (Revised ed.). London: Penguin. p. 32. ISBN 978-0-14-196101-9. OCLC 1065022689. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]