Le'Veon Bell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Le'Veon Bell
New York Jets
Posición:Running back
Información persoal
Nacemento:18 de febreiro de 1992 (32 anos)
Lugar:Ohio Reynoldsburg, Ohio
Altura:6 ft 1 in (1,85 m)
Peso:225 lb (102 kg)
Información da carreira
Instituto:Groveport (OH) Madison
Universidade:Boise State
NFL Draft:2013 / Rolda: 2 / Pick: 48
Historial de equipos
Premios e galardóns
  • 3× Pro Bowl (2014, 2016, 2017)
  • 2× Primeiro equipo All-Pro (2014, 2017)
  • 1× Segundo equipo All-Pro (2016)
Estatísticas NFL
Estatísticas do xogador en NFL.com

Le'Veon Andre Bell, nado o 18 de febreiro de 1992 en Reynoldsburg, Ohio, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na posición de running back para os New York Jets da National Football League (NFL). Formado na Universidade Michigan State, foi elixido no Draft da NFL de 2015 no posto número 48 polos Pittsburgh Steelers. Nos anos 2015 e 2017 foi seleccionado por para o Pro Bowl.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Reynoldsburg, Ohio, onde acudiu ao Instituto Groveport Madison. Alí xogou ao fútbol americano, baloncesto e track and field. En canto ao fútbol americano, xogou na posición de running back, facendo no seu primeiro ano 789 iardas de carreira e 9 touchdowns, 1.100 iardas e 13 touchdowns no segundo e 1.333 yards e 21 touchdowns no último. Entre 2010 e 2012 xogou para os Spartans da Universidade Michigan State, onde fixo un total de 3.346 iardas de carreira (5 de media por intento) e 34 touchdowns. Tras a súa etapa universitaria, Bell foi escollido polos Pittsburgh Steelers na segunda rolda do Draft da NFL de 2013, sendo o seu posto global o 48.

Estatísticas universitarias
Ano PX–PT Correndo Recibindo Retornando
Att Gain Avg TD Long Avg/G Rec Yards Avg TD Long Avg/G No. Yards Avg TD Long
2010 13–0 107 605 5.7 8 75 46.5 11 97 8.8 0 35 7.5 6 142 23.7 0 32
2011 14–6 182 948 5.2 13 35 67.7 35 267 7.6 0 45 19.1 1 31 31.0 0 31
2012 13–13 382 1,793 4.7 12 40 137.9 32 167 5.2 1 20 12.8 4 46 11.5 0 31
Total* 40-19 671 3,346 5.0 33 75 83.7 78 531 6.8 1 45 13.3 11 219 19.9 0 32

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Pro Bowl (2): 2014, 2016
  • Primeiro equipo All-Pro (1): (2014)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "NFL announces 2017 Pro Bowl rosters". NFL.com (en inglés). 25-01-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]