Lauburu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lauburu

O lauburu ou cruz curvada[1]ten a súa orixe nas teorías vasco-cantabristas dos historiadores éuscaros entre os séculos XVI a XVIII nas que afirmabanque os antigos cántabros, que tan ferozmente combateran o Imperio Romano, eran en realidade os devanceiros dos vascos.[Cómpre referencia]

Historia e características[editar | editar a fonte]

Aínda que o seu arraigo definitivo en Biscaia e Guipúscoa vén da obra de Enrique Flórez La Cantabria disertación sobre el sitio y extensión que tuvo en tiempo de los romanos la región de los cántabros, publicada en 1768 e da que é herdeira o movemento forista do século XIX.

Estas teorías foron completamente rexeitadas polos estudos históricos e pasouse á súa difusión no campo literario, por medio de novelas pseudo-históricas e lendas ficticias. La leyenda de Aitor de José Agustín Chaho ou Amaya. Los vascos del siglo VIII de Navarro Villoslada, son dous exemplos neste campo. A intención destes textos era avalar o movemento forista tratando de lle achegar lexitimidade dende o punto de vista histórico acorde aos seus postulados.

Nome[editar | editar a fonte]

Aparece a súa proposta de lábaro, o lauburu. Apoiándose nas verbas "lau" que significa catro e " buru" co significado de cabeza, buscouse un símbolo no que aparecesen estas características, un dos moitos motivos astrais de orixe preromana indoeuropea e que se conservan no norte de España como motivo ornamental. Son moitos os autores e investigadores da cultura vasca que tratan a orixe ancestral e milenaria deste símbolo, aínda que recoñecen que non se atopan en Euskadi restos ou achados do mesmo até o século XVI.

Forma[editar | editar a fonte]

A súa forma semella vagamente a hélice dun barco moderno e pasou a ser un "símbolo vasco", sendo adoptado polo forismo coma unha forma máis da cultura vasca. Cando Sabino Arana perfila o moderno nacionalismo vasco, na década de 1890, foi un firme defensor deste símbolo, usándoo ademais como exemplo de que os vascos no pasado rendían culto ao Sol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Andrés Ortiz-Osés. "A deusa basca e o deus-lúa xaponés". Grial 124: 519–525.