Lamego, Seira, Rois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lamego
ParroquiaSeira
ConcelloRois
Coordenadas42°46′28″N 8°40′06″O / 42.774541104839, -8.66823084053Coordenadas: 42°46′28″N 8°40′06″O / 42.774541104839, -8.66823084053
Poboación91 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

Lamego é un lugar da parroquia de Seira no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Os seus lindes, todos eles pertencentes á mesma parroquia, son: ao norte, O Casal; ao sur, Seira; ao leste, linda co río Sar, delimitando o concello de Rois co de Padrón; e ao oeste, linda coa Eirexa. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 91 habitantes (40 homes e 51 mulleres).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No centro de Lamego, disponse como lugar de recreación dun parque infantil, e no linde sur, atópase a praia fluvial. Na zona leste, aproveitando o caudal do río Sar, está o muíño do Cuncheiro, que é utilizado como local hostaleiro. No oeste está situada a igrexa parroquial, e cabe destacar tamén a construción da vía férrea do AVE, que atravesa Lamego.

Festividades[editar | editar a fonte]

Algunhas das festividades e festas parroquiais son:

  • Candeloria (2 de febreiro)
  • San Lourenzo (10 de agosto)
  • San Bartolomeu (24 de agosto)
  • Santa Lucía (13 de decembro)

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Seira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Seira no concello de Rois (A Coruña)

O Casal | O Cruceiro | A Eirexa | Lamego | A Meana | A Peroxa | A Peruca | Seira

Parroquias de Rois[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rois

Augasantas (San Vicente) | Buxán (San Xoán) | Costa (San Miguel) | Ermedelo (San Martiño) | Herbogo (San Pedro) | Leroño (Santa María) | Oín (Santa María) | Ribasar (Santa Mariña) | Rois (San Mamede) | Seira (San Lourenzo) | Sorribas (San Tomé) | Urdilde (Santa María)