Saltar ao contido

Lago de Atitlán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLago de Atitlán
Imaxe
Tipolago de cráter volcánico Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaterras altas de Guatemala Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAmérica Editar o valor en Wikidata
División administrativaDepartamento de Sololá, Guatemala Editar o valor en Wikidata
Mapa
 14°42′N 91°12′O / 14.7, -91.2
Características
Altitude1.562 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade325 m
340 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións8 (ancho) × 18 (lonxitude) km
Superficie130,1 km² Editar o valor en Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data23 de setembro de 2002
Identificador1768
Medicións
Volume físico20 km³ Editar o valor en Wikidata

Páxina webatitlan.gt Editar o valor en Wikidata

O lago de Atitlán é o accidente hidrográfico máis importante do departamento de Sololá en Guatemala. É unha das principais fontes económicas do departamento, pois ademais de ser un centro turístico de moito atractivo, serve de moito apoio comercial.

Nas marxes do lago érguense os volcáns de Atitlán (3537 msnm), Tolimán (3158 msnm) e volcán San Pedro (3020 msnm).[1] O lago atópase a 1560 metros sobre o nivel do mar e ten 18 km de lonxitude. A súa profundidade, que varía en moitos puntos, é descoñecida. Porén, sondáronse máis de 350 metros de profundidade.

Toponimia

[editar | editar a fonte]
Atitlán e Panajachel en 1900.

O significado da palabra «Atitlán» deriva etimoloxicamente do náhuatl, é un topónimo aglutinado que se estrutura na seguinte forma: Atl significa «Auga», Titlan significa «entre». A palabra Atl («auga») perde a súa terminación «tl» para unirse coa palabra titlan («entre»), polo tanto, a palabra «Atitlán» tradúcese como «Entre as augas».

  1. Los Focos Eruptivos Cuaternarios de Guatemala, Otto H. Bohnenberger, Instituto Centroamericano de Investigación y Tecnología Industrial, Guatemala [1]