Saltar ao contido

Lago Villarino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLago Villarino
Imaxe
Tipolago Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional Nahuel Huapi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaArxentina Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°26′S 71°35′O / -40.44, -71.58
Características
Altitude931 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións1,3 (ancho) × 5,9 (lonxitude) km
Superficie6,5 km² Editar o valor en Wikidata

O lago Villarino é un lago arxentino situado no departamento Lácar, na provincia de Neuquén .

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Debe o seu nome ao mariñeiro e explorador galego Basilio Vilariño (ou Villarino), que nos últimos anos do século XVIII explorou a conca do río Limay, á que pertence o lago. Porén, é case seguro que nunca visitou o lago que actualmente leva o seu nome.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Protexidas polo Parque Nacional Nahuel Huapi, as súas costas están cubertas por un denso bosque andino patagónico, en moi bo estado de conservación. Nas súas beiras abundan o coihue, a lenga e o mirto, mentres que nas augas do lago son numerosos os salmónidos, especialmente varias especies de troitas que atraen a moitos visitantes para practicar a pesca deportiva.


Este lago desauga a través dunha estreita canle, o río Villarino, duns 300 m de lonxitude, ata o lago Falkner. Desde este lago, as súas augas desembocan no río Filo Hua Hum, afluente do Caleufú, que é á súa vez é afluente do río Collón Curá, cuxas augas van dar ao río Limay.