O lago ten unha superficie de 725 km². Ten unha lonxitude de 30 km, unha anchura de 25 km, e está situado a unha altitude de 219 m. A súa profundidade máxima é de 41 m, e a media de 15 m. O seu volume é de 11,6 km3
Está alimentado polos ríos Talbot e Beaver, e o seu emisario é o río Severn. No seu interior encóntranse as illas Georgina, Thorah, Strawberry, Snake, Fox e Grape.