Saltar ao contido

La seria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La seria
Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocomedia e serie de televisión de aventuras Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua francesa, lingua occitana, lingua catalá e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aAmic Bedel (en) Traducir e Julien Campredon Editar o valor en Wikidata
Director/aAmic Bedel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
GuionistaAmic Bedel (en) Traducir e Julien Campredon Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enOccitania e Cataluña Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeOccitania Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalFrance 3 Occitanie Editar o valor en Wikidata
Custo9.335 € Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo7 de abril de 2023 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Episodios5 Editar o valor en Wikidata
Tempadas1 Editar o valor en Wikidata
Ligazóns
Páxina WEBfrance.tv… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt27739603 Facebook: laseriaenBX Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

La seria é unha serie de televisión occitana estreada en 2023 e creada por Amic Bedel[1] e Julien Campredon. Componse de cinco episodios duns corenta e cinco minutos.[2] É a primeira produción propia de France 3 Occitanie, que a engadiu á súa plataforma en liña o 7 de abril de 2023.[3] Gravada orixinalmente en occitano, francés e catalán, tamén foi subtitulada en catalán.[4]

A serie explora o proceso de produción dunha serie en lingua occitana. O protagonista, Thomas, que non fala esta lingua, quere revivila a través dunha serie de televisión. Como non pode facelo só, busca a axuda do seu amigo Matthieu, que procede dunha familia de fala occitana, pero que rexeita a lingua e a considera unha lingua menor. Os dous amigos embárcanse nunha cómica road movie por Occitania e Cataluña, onde fan unha comparación entre a vitalidade do occitano e a do catalán.[1]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Damien Valero como Thomas Lebouly
  • Marius Blénet como Matthieu Verlhaguet
  1. 1,0 1,1 VilaWeb (ed.). "La televisió francesa estrena ‘La seria’, la seva primera sèrie en occità i català". Consultado o 2023-04-08. 
  2. "Enfin, La Seria sus France TV a partir del 7 d’abril" (en occitano). Consultado o 2023-04-08. 
  3. "VIDEO. "La Seria" : la fiction déjantée qui bouscule l'Occitanie" (en francés). Consultado o 2023-04-08. 
  4. Goita què fan, ara! (ed.). "La Seria". Consultado o 2023-10-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]