La habitación de Fermat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A habitación de Fermat
Ficha técnica
Título orixinalLa habitación de Fermat
DirectorRodrigo Sopeña
Luis Piedrahita
ProdutorCésar Benítez
Adolfo Blanco
José María Irisarri
GuiónRodrigo Sopeña
Luis Piedrahita
IntérpretesLluís Homar
Alejo Sauras
Elena Ballesteros
Santi Millán
Federico Luppi
Helena Carrión
MúsicaFederico Jusid e Ale Martí
FotografíaMigue Amoedo
MontaxeJorge Macaya
DistribuidoraManga Films
Estrea2007
Duración90 min.
OrixeEspaña
XéneroSuspense
Na rede
http://www.mangafilms.es/lahabitaciondefermat
IMDB: tt1016301 Filmaffinity: 615789 Allocine: 136096 Rottentomatoes: m/fermats_room Allmovie: v430032 TCM: 736939 Netlix: 70121525Editar o valor em Wikidata

La habitación de Fermat é un filme español estreado no 2007 e dirixido e escrito por Luis Piedrahita e Rodrigo Sopeña. É a primeira película que dirixen ámbalas dúas persoas.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Un rapaz de 22 anos (Alejo Sauras), coñecido no filme como Galois, está agardando que chegue o 20 de febreiro para presentar a súa demostración da conxectura de Goldbach (un problema matemático aínda sen demostración), mais uns días antes todos seus documentos son destruídos por non se sabe quen.

Mentres tanto, outro personaxe (Lluís Homar), coñecido por Hilbert, comenta co seu amigo médico que o outro día intentou suicidarse, e tamén que recibira unha carta que o invitaba a pasar unha fin de semana coas mentes matemáticas máis prodixiosas co pretexto de resolver un gran enigma se descubría en que orde están estes números: 5-4-2-9-8-6-7-3-1.

Pascal, pseudónimo polo que se coñece ao terceiro personaxe (Santi Millán), recibe a mesma carta, e tras moitas horas cavilando a solución, dáse por vencido e rompe a folla, mais unha bibliotecaria dille que os libros que use, os deixe na súa orde alfabética. A palabra «alfabético» resoa na súa testa e decátase que os números en castelán están en orde alfabética. Atina e unha segunda carta cítao nun lugar, tendo que cumprir unhas condicións, como non levar móbil ou non dar a coñecer a súa verdadeira identidade.

Cando chega a ese lugar, despois del chega Oliva, unha muller de 26 anos (Elena Ballesteros), que tamén recibira a mesma misiva. Despois chegan Galois e Hilbert no mesmo coche, pois a Hilbert avariáraselle o auto preto do lugar e Galois recollérao. O lugar está xunto a un pantano.

Ás 19:00 PM, vense as luces dun coche ao outro lado do pantano acendéndose a apagándose durante un cacho. Encontran unha barquiña e deciden cruzar o lago. Chegan até o auto e alí atopan unha PDA, indicando o lugar final da reunión, unha granxa agrícola.

Entran na granxa e chegan a unha habitación ben decorada, con sofás, comida, bebidas, un encerado...

Despois de esperar un rato, chega o anfitrión: Fermat (Federico Luppi). Cean e ao acabar Fermat recibe unha chamada telefónica do hospital: aínda que non lle din nada porque a chamada se curta, Fermat vaise cara ao hospital pois ten alí a súa filla en coma. Coas présas deixa a chaqueta atrás.

As catro persoas quedan pechadas no cuarto sen poder saír. A axenda PDA vai propondo problemas para que se resolvan nun tempo determinado, se non é así, as catro prensas hidráulicas que forman as paredes do cuarto actívanse e vanse achegando.

Na chaqueta de Fermat áchase a súa carteira, onde hai unha foto da súa filla, rapaza que atropelara Pascal nun fatídico accidente. Así pois, ao principio pensan que se trata dun axuste de contas entre Fermat e Pascal e que o resto son persoas inocentes, mais van saíndo máis cousas.

Oliva e Galois tiveran unha relación sentimental no pasado, que crebara por aparición de Hilbert na vida de Galois. Entre toda a tensión tamén razoan onde estaba Hilbert cando chamaran a Fermat, e decátanse que foi el quen montou o cuarto. E a súa razón para facelo era porque el tamén resolvera a conxectura de Goldbach, e non soportaba que un rapaz lle quitara o posto de ser o primeiro en descubrilo. Galois nese momento confesa que non ten a demostración da conxectura, que só era un método para poder ligar, e achegarse a Oliva, por exemplo; e golpea a Hilbert deixándoo inconsciente no chan.

Nos últimos segundos saen da habitación rompendo o encerado, levando Galois consigo a demostración que fixera Hilbert.

Fóra, baixo o reflexo do branco luar dunha lúa en cuarta minguante, Pascal tíralle a demostración a Galois ao pantano, rematando así a película.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Os nomes correspóndense con personalidades das matemáticas:

Galardóns[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]