La Verdad (1881)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Verdad.
La Verdad foi un bisemanal publicado en Vigo en 1881.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Apareceu o 30 de marzo de 1881, bisemanal, publicábase os martes e venres. Estaba dirixido por Ramón Pimentel Méndez e Federico Rodríguez Arosa e entre os seus colaboradores figuraban Benito Crespo e Nazario Lence. Foi portavoz do mais extremo republicanismo, que apoiaba a loita do proletariado galego. Caracterizouse polas duras polémicas co Faro de Vigo. Cesou a súa publicación aos cinco meses, publicáronse uns corenta números.
Nas súas páxinas comezou o traballo xornalístico Ricardo Mella, que foi denunciado por inxurias por José Elduayen por un artigo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Álvarez Blázquez, José Mª (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX". Vigo en su historia (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 524–527. ISBN 84-7231-494-4.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.