La Unión Gallega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

La Unión Gallega foi un periódico editado en Montevideo entre 1881 e 1892.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 18 de agosto de 1881. De periodicidade variable (semanal, bisemanal, trimestral ou diaria) tentou promover "la unión y fraternidad de la colonia gallega" no Uruguai. Fundado por José F. Agrasar e Ramón Cerdeiras, estaba dirixido por Ramón Cerdeiras e Ramón García Vicetto. No seu primeiro número declaraba:

Nuestro propósito y nuestra divisa es la de la Patria, de esa diosa a quien adoramos, de la madre tierra cariñosa por quien suspiramos y cuyo apacible regazo en mala hora abandonamos por causas bien ajenas a nuestra voluntad. Nuestro lema es la unión y la fraternidad de todos los buenos gallegos que, hasta hace poco, vagaban dispersos por esta tierra hospitalaria.

A súa primeira etapa rematou en xaneiro de 1889.

En xaneiro de 1892 inaugurou a segunda etapa, na que saíu case diariamente. O seu director foi César Cisneros Luces. Incluíu colaboracións literarias dos autores do Rexurdimento, moitas delas en folletíns. Cesou a súa publicación o 12 de xuño de 1892.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]