La Tierra (Pontevedra)
La Tierra foi un periódico publicado en Pontevedra en 1913.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico dedicado a los agricultores y a la defensa de sus intereses, apareceu o 15 de xaneiro de 1913. Periódico agrarista impulsado polo Marqués de Riestra co obxectivo de dividir aos agraristas provinciais. Defendeu unha orientación técnico-cooperativa en non reivindicativa para as sociedades agrarias e de xeito provocador axitou a bandeira do abolicionismo en materia foral. Dirixido por Joaquín Míguez Barcia, tiña como administrador a Faustino Guiance. Publicou unha parodia de O catecismo do labrego de Lamas Carvajal para criticar á Federación Agrícola de Pontevedra e a Acción Gallega, relatos humorísticos e poemas e cantigas de Xan da Eira. Polemizou con La Causa e Redención Gallega. Cesou co número 28 correspondente ao 28 de agosto de 1913.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cabo Villaverde, Miguel (2003). Duen de Bux, ed. Prensa agraria en Galicia. Ourense. p. 114. ISBN 84-932078-3-7.