La Causa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Causa
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 3915
editar datos en Wikidata ]

La Causa foi un periódico aparecido en Pontevedra en 1913.

Características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano de la Federación Agrícola de Pontevedra y defensor de los trabajadores del campo y del obrero en general, apareceu o 1 de marzo de 1913 con carácter semanal. Dirixido por Francisco Soliño, a súa liña editorial enmarcouse na propaganda agraria. Incluía temas como a eliminación do sistema foral ou a loita anticaciquil. Tamén apareceron nas súas páxinas algúns poemas escritos en galego. Polemizou con La Tierra. Deixou de publicarse co número 15, o 23 de xuño de 1913.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]