La Terremoto de Alcorcón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLa Terremoto de Alcorcón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLa Terremoto de Alcorcón Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , vedete , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina weblaterremotodealcorcon.es Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1250933 Allocine: 583203 Allmovie: p346608
Musicbrainz: 84f93da7-e3cd-4352-90ed-daf4bd88db0b Discogs: 1831180 Editar o valor em Wikidata

La Terremoto de Alcorcón , nada en Madrid é unha cantante cómica española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Creceu en Alcorcón e estudou idiomas. Foi traballar como au pair ao Reino Unido. Fichou polo grupo Diabéticas Aceleradas en 1999. Vive en Palma, onde rexentaba un bar en Sant Jordi, unha pedanía da capital, aínda que posteriormente e traspasou.

Fíxose coñecida en España polas súas parodias de cancións como "Can't get you out of my head" de Kylie Minogue ("Me estoy poniendo morá") o "Hung Up" de Madonna ("Time goes by con Loli"), da que tamén existe un videoclip no que imita á cantante estadounidense. Tamén versionou a Michael Jackson en "Thriller" ou a Beyoncé Knowles en "Crazy in love" entre outros moitos.

En 2006 presentou "Sin afeitar" ("I will survive") de Gloria Gaynor e no verán dese mesmo ano "Me voy pa Benidorm" ("Walking on sunshine") de Katrina & The Waves. En 2007 presentou o seu primeiro single, que foi o himno oficial do Europride 2007 en Madrid, chamado "¡Libérate!".