Saltar ao contido

La Renovación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Renovación
editar datos en Wikidata ]

La Renovación foi un semanario editado en Santiago de Compostela entre 1921 e 1922.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario social católico, apareceu o 3 de febreiro de 1921.[1] Órgano da Juventud Antoniana de Santiago. O seu redactor xefe era Tomás Pedret Casado,[2] e entre os seus colaboradores figuraron Paulino Pedret Casado, Juan José Barcia Goyanes, Emilio Villelga Rodríguez e José de la Fuente.[3] O último número conservado é o 53, que corresponde ao 2/16 de febreiro de 1922, pero aínda se publicaba en outubro de 1922.[4]

  1. La Integridad, 4-2-1921, p. 2.
  2. Vilavedra 1997, p. 411.
  3. El Compostelano, 14-2-1921, p. 2.
  4. El Compostelano, 4-11-1922, p. 2

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]