La Región Gallega y Asturiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Región Gallega y Asturiana foi un semanario editado en Madrid en 1900.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario de ciencias, arte, literatura, industria, arte y comercio, apareceu a principios de xaneiro de 1900[1]. Estaba dirixido por Juan Huertas Hervás[2]. Aínda se publicaba a finais de febreiro dese ano[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Correspondencia de España, 8-1-1900, p. 3.
  2. El Liberal, 8-1-1900, p. 3.
  3. Gaceta de Galicia, 1-3-1900, p. 2.