La Luz (Pontevedra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Luz
PaísEspaña
Lugar de publicaciónPontevedra
Na rede
Galiciana: 9078
editar datos en Wikidata ]

La Luz foi unha revista editada en Pontevedra entre 1874 e 1886.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulada Periódico de primera enseñanza, apareceu o 1 de xullo de 1874. Fundada e dirixida por Andrés Landín. Comezou sendo trimensual, pasou despois a semanal e, por último, terminou saíndo outra vez tres veces ao mes. Constaba de artigos de fondo, comentarios e publicidade. Tiña unha sección oficial, en moitas ocasións seguida dalgún comentario. Despois dunha pequena tempada de inactividade, volveu aparecer unha segunda época a partir do 1 de xullo de 1876 co subtítulo Revista da instrucción primaria. Entre os seus redactores figuraron Carlos Rubín, Ramón Fernández, Enrique García e Manuel Martínez. Aínda se publicaba o 20 de febreiro de 1886.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]