Saltar ao contido

La Ilustración de La Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 17 de xuño de 2015 ás 09:10 por Elisardojm (conversa | contribucións) (amaño referencia)

La Ilustración de La Coruña foi un xornal editado na Coruña entre 1860 e 1865.

Traxectoria

Subtitulado Diario de literatura, mercantil y avisos, apareceu a principios de xaneiro de 1860. Cambiou o seu título por Ilustración de la Coruña en febreiro de 1860 e a partir de 1864 volveu chamarse La Ilustración de la Coruña. Estivo dirixido por Gonzalo Brañas Sánchez-Boado, Eladio Fernández e Domingo Camino. Contiña información local e xeral e preocupouse pola chegada do ferrocarril a Galicia. Cesou a súa edición en 1865.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. p. 137. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externas