La Defensa de Teo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Defensa de Teo
editar datos en Wikidata ]

La Defensa de Teo foi un periódico editado en Teo entre 1912 e 1916.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Periódico quincenal de tendencia lerrouxista, apareceu en maio de 1912. Dirixido por Manuel Lueiro Edreira. Presentábase como órgano da Sociedade de Agricultores. Entre os seus redactores figurou José Iglesias Boullón. Foi denunciado por inxurias a políticos de Padrón en decembro de 1913. Cesou a súa publicación coa marcha do seu director en 1916.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]