La Ciudad de Dios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Ciudad de Dios
editar datos en Wikidata ]

La Ciudad de Dios foi un periódico mensual editado na Estrada en 1932.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Periódico mensual promovido e editado polos sacerdotes Jesús López Salgueiro (cura párroco de Moreira), Constantino Neira Baloira (párroco de Curantes), e Andrés Salgueiro Costa (ecónomo de Vinseiro). Repartido gratuitamente polos párrocos nas igrexas, atacaba o matrimonio civil.[1] Os promotores foron denunciados e xulgados na Audiencia Provincial de Pontevedra o 17 de marzo de 1933 por editar o periódico incumprindo a Lei de Imprenta, aínda que foron absoltos.[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Emigrado, 31-8-1932, p. 4.
  2. El Pueblo Gallego, 18-3-1933, p. 11.