La Bonaigua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°39′49.74″N 0°58′55.16″L / 42.6638167, -0.9819889

O porto de La Bonaigua

La Bonaigua (en catalán: Port de la Bonaigua) é un porto de montaña do Pireneo catalán, a 2.076 metros de altitude, limítrofe entre as comarcas do Val de Arán e o Pallars Sobirà. Une as vilas de Salardú e València d'Àneu. Administrativamente pertence ao concello de Alt Àneu.

Antigamente era, xunto co túnel de Vielha, o único paso que permitía chegar ao Val de Arán dende o resto de Cataluña. A ermida e refuxio da Virxe das Ares era un punto estratéxico de descanso e refuxio. A principios do século XX abriuse un camiño de terra, apto para o tránsito rodado, que co tempo acabou formando parte da estrada C-28.

No lado aranés abriu en 1964 a estación de esquí de Baqueira Beret que foi crecendo ata a actualidade, na que os seus remontadores atópanse aos dous lados do porto e tamén no medio do paso.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]