La Última Hora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Última Hora
editar datos en Wikidata ]

La Última Hora foi un semanario publicado en Vigo entre 1924 e 1925.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 8 de decembro de 1924.[1] Dirixido por José Gómez Posada-Curros, Amado Villar era o xefe de redacción e Carlos Maside o redactor artístico. En xaneiro de 1925 foi multado con 500 pesetas pola publicación de artigos contra Benito Mussolini e as persecucións sobre a prensa italiana.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 10-12-1924, p. 10.
  2. La Opinión, 14-1-1925, p. 1.