LOL

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

LOL, é unha abreviatura inglesa que significa Laugh Out Loud e Lots Of Laugh, traducido literalmente coma "Moitos risos" e "Rir a gargalladas". A palabra en si é propia de internet, aparecendo asiduamente en foros e chats, ademais de nas mensaxes de texto de teléfonos móbiles.

Lol tamén é unha verba nativa do holandés que significa "diversión" (cf., o verbo composto lol maken "divertirse" e o adxectivo lolling "divertido, gracioso").