Saltar ao contido

LISA Pathfinder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LISA Pathfinder / LPF
LISA Pathfinder
TipoDemostrador tecnolóxico
FabricanteEADS Astrium
OrganizaciónESA
Destino actualEn órbita.
Data de lanzamento3 de decembro de 2015, 4:04 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorVega[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[2][6]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico para comunicacións.[2][6]
NSSDC ID2015-070A
Masa480 kg[2][5]
Datos orbitais
Semieixo maior7214 km[1]
Inclinación[1]
Apoapse1465,1 km[1]
Periapse221,6 km[1]

LISA Pathfinder ou LPF foi un satélite artificial da ESA lanzado o 3 de decembro de 2015 mediante un foguete Vega desde o Centro Espacial de Kourou.[2][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

LISA Pathfinder foi un satélite da Axencia Espacial Europea lanzado para probar novas tecnoloxías a ser usadas no observatorio de ondas gravitatorias LISA. O experimento principal de LISA Pathfinder consistía en medir con precisión extrema os cambios na distancia entre dúas masas en voo libre usando novos sensores e o mesmo tipo de interferometría por láser que usará LISA. Usaba tamén propulsores capaces de proporcionar impulsos de só microNewtons de forza para mover a nave con enorme precisión.[2][5][6]

A misión de LISA Pathfinder finalizou o 30 de xuño de 2017 despois de cumprir os seus obxectivos. O 18 de xullo dese ano foi apagado definitivamente.[5][6]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "LISA PATHFINDER" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2020). "LISA Pathfinder" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  3. "Letter dated 20 September 2017 from the Legal Services Department of the European Space Agency addressed to the Secretary-General" (PDF) (17-07643(E)). 27 de outubro de 2017: 2. Consultado o 26 de agosto de 2020. [Ligazón morta]
  4. Claude Lafleur (2020). "LISA Pathfinder" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "LISA-Pathfinder (LPF)" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "LISA Pathfinder" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]