L0pht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

L0pht Heavy Industries (pronunciado "loft") foi un famoso colectivo hacker activo entre os anos 1992 e 2000 e localizado fisicamente en Boston, Massachusetts.

Nome[editar | editar a fonte]

O símbolo "Ø" no seu nome representa un cero, rememorando os ceros tachados que eran usados nos antigos teletipos e que aínda se usan en algunhas páxinas de caracteres, e tanto o seu nome online coma o seu nome de dominio é "l0pth" (con cero), non "lopth" (con O) ou "LØpht"(cun O tachado), que na actualidade non sería un nome de dominio válido.

Por suposto o nome non carece de significado. Algúns dos membros fundadores de L0pht compartiron un apartamento loft en Boston, dende onde se interconectaban e experimentaban tanto cos seus propios ordenadores persoais coma con equipos adquiridos de Flea no MIT, e outros equipos que eran recuperados do lixo.

Historia[editar | editar a fonte]

The L0pht fundouse en Boston no 1992 como cidade para os membros e para ter os seus equipos e traballar en varios proxectos. Co tempo os membros de L0pht deixaron os seus traballos para formar unha empresa chamada L0pht Heavy Industries. Esta think tank liberou diversos anuncios de seguridade informática e creou algunhas das aplicacións de auditoría máis usadas, como L0phtCrack (crackeador de contrasinais para Windows NT).

O 19 de maio de 1998 tódolos sete membros de L0pht (Brian Oblivion, Kingpin, Mudge, Space Rogue, Stefan Von Neumann, John Tan, Weld Pond) testificaron ante o Congreso dos Estados Unidos que poderían tirar abaixo Internet en menos de 30 minutos.

En xaneiro do 2000, L0pht Heavy Industries fusionouse coa nova @stake, transformando a esta organización underground nunha compañía de seguridade White Hat destinada a axudar ás empresas a resolver problemas de seguridade.

Symantec anuncióu a adquisición de @stake o 16 de septembro do 2004 e completou a transacción o 9 de outubro dese mesmo ano.

Membros[editar | editar a fonte]

Fundadores[editar | editar a fonte]

  • Count Zero
  • White Knight
  • Brian Oblivion
  • Golgo 13

Últimos membros[editar | editar a fonte]

  • Brian Oblivion
  • Kingpin
  • Mudge
  • Dildog
  • Weld Pond
  • Space Rogue
  • Silicosis
  • John Tan

Notas[editar | editar a fonte]

Dous dos últimos membros (Mudge e Dildog), así como dous dos fundadores orixinais (Count Zero e White Knight), son tamén membros de CULT OF THE DEAD COW.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]