Lítote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lítote é un recurso literario no que se nega o contrario daquilo que se quere afirmar.[1][2][3] Por exemplo: "non chuta mal", querendo dicir que chuta ben.

As lítotes son unha forma de eufemismo que atenúa o que se quere expresar mediante un rodeo de palabras, normalmente precedidas do afverbio de negación non. Sempre é deliberado e con intención de énfase.[4] Porén, a interpretación da negación pode dependee do contexto, incluído o contexto cultural. Nun discurso, tamén pode depender da entonación e a énfase, por exemplo, a frase "Non está mal", pode dicirse de tal xeito que signifique "mediocre" ou "excelente".

O uso do recurso da lítote aparece especificamente en certas culturas como a dos europeos do norte e é moi popular no inglés, no ruso e no francés. Son característicos da antiga poesía inglesa e das sagas islandesas e son un medio de moita contención estoica.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The American Heritage Dictionary of the English Language, 4th ed. Houghton Mifflin Co, 2009. Consultado o 29 de setembro de 2010 (en inglés)
  2. Encarta® World English Dictionary Arquivado 24 de marzo de 2010 en Wayback Machine., N.Am. ed. Microsoft Corp, 2009. Consultado o 29 de setembro de 2010 (en inglés)
  3. WordNet: An Electronic Lexical Database. Princeton Uni, 2010. Consultat el 29 de setembre del 2010 (en inglés)
  4. Smyth 1920 p.680
  5. Encyclopædia Britannica (1984) Micropædia VI p. 266 "litotes"

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.