Saltar ao contido

Línea Aérea Amaszonas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Línea Aérea Amaszonas
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1998 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/03cbrrn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Línea Aérea Amaszonas S.A., normalmente acurtado a Amaszonas, é unha aeroliña boliviana con sede na Paz. Opera voos regulares e chárter de pasaxeiros de curto alcance domésticos ademais de voar cara ao Perú, Chile, Paraguai e a Arxentina.[1] O centro de conexións da súa rede atópase no aeroporto internacional El Alto.

A compañía fundouse o 1 de outubro de 1998, pero os voos comezaron no ano 2000.[2] Inicialmente Amaszonas operou vos chárter usando unha pequena frota de avións turbohélice dos modelos Cessna 208 Caravan e Fairchild Swearingen Metroliner.[3] No ano 2012, tras a desaparición de AeroSur, a aeroliña mercou cinco Bombardier CRJ200 a Avmax Aircraft Leasing Inc. co obxectivo de iniciar voos regulares de pasaxeiros.[4] O primeiro destes avións de 50 prazas foi posto en servizo a finais de agosto na ruta entre A Paz e Santa Cruz de la Sierra.[4]

En 2015 Amaszonas mercou a aeroliña uruguaia BQB Líneas Aéreas cinco días despois de que esta cesase as súas operacións. Dende o 4 de maio a aeroliña tomou o control das rutas que operaba BQB antes do seu peche.[5]

Bombardier CRJ200 de Amaszonas

En decembro de 2017 a frota de Amaszonas estaba formada polos seguintes avións:[6]

Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Bombardier CRJ200LR 7 50
DHC-8-200 1
Total 8
  1. Amaszonas (ed.). "Mapa de Rutas". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 22 de marzo de 2018.
  2. Aero Transport Data Bank (ed.). "Profile for: Amaszonas". Consultado o 22 de marzo de 2018.
  3. rzjets (ed.). "Amazonas". Consultado o 22 de marzo de 2018.
  4. 1 2 Volaspheric (ed.). "Bolivia gets new scheduled carrier". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 22 de marzo de 2018.
  5. LaRed21 (ed.). "Amaszonas confirmó adquisición de BQB. Comenzará a operar el 4 de mayo". Consultado o 22 de marzo de 2018.
  6. Routes Online (ed.). "Amaszonas Fleet Details and History". Consultado o 22 de marzo de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]