Léon-Charles Thévenin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Léon-Charles Thévenin
Léon Charles Thévenin.jpg
Léon-Charles Thévenin
Nacemento 30 de marzo de 1857
  Meaux
Falecemento 21 de setembro de 1926
  París
Nacionalidade Francia
Alma máter Escola Politécnica e Télécom ParisTech
Ocupación enxeñeiro
Premios oficial da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Léon Charles Thévenin, nado o 30 de marzo de 1857 e finado o 21 de setembro de 1926, foi un enxeñeiro de telégrafos francés que estendeu a Lei de Ohm á análise de circuítos eléctricos complexos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Meaux, Thévenin graduouse na Escola Politécnica de París no ano 1876. En 1878, uniuse ao corpo de Enxeñeiros de telégrafos de Francia. Alí traballou inicialmente no desenvolvemento de liñas telegráficas soterradas de longa distancia.

Nomeado profesor xefe na Escola Superior en 1882, comezaron a interesarlle cada vez máis os problemas de medidas nos circuítos eléctricos. Tras estudar as Leis de Kirchhoff e a Lei de Ohm, desenvolveu o seu famoso teorema, o Teorema de Thévenin, o cal fixo posible calcular correntes en circuítos eléctricos máis complexos.

Ademais ensinou outras disciplinas fóra da Escola Superior, incluíndo un curso de mecánica no Instituto Nacional Agrónomo de París. No 1896, foi nomeado Director da Escola de Enxeñería de Telégrafos, e no ano 1901 foi nomeado Enxeñeiro en Xefe da compañía de telégrafos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.