Saltar ao contido

L'Hospitalet de l'Infant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hospital medieval do infante Pedro.

L'Hospitalet de l'Infant é unha localidade costeira que pertence ao concello de Vandellòs i l'Hospitalet de l'Infant, na provincia de Tarragona. Atópase nun promontorio rochoso, xunto a extensas praias e o río Llastres.

L'Hospitalet foi fundado polo infante Pedro de Aragón e Anjou, fillo de Xaime II e de Branca de Nápoles, o 8 de novembro de 1344. Pedro levantou un edificio ao que chamou Hospital del Coll de Balaguer; o hospital era un edificio de planta cadrada de 54,6 metros de lado cunha torre en cada un dos seus ángulos de 18,5 metros. O intento de repoboación por parte de Pedro fracasou ata que en 1362 o seu fillo Xoán de Prades adquiriu máis terreos para o hospital. Este novo edificio foi destruído no século XV.