Trátase da máis temperá mostra de comedia coñecida no cine, así como o primeiro en representar unha historia ficticia. O filme foi orixinalmente coñecido como "Le Jardinier" (O xardineiro) ou "Le Jardinier et le petit espiègle" (O xardineiro e o pequeno pícaro).
Rodado en Lión na primavera de 1895, o filme amosa unha sinxela broma na que un xardineiro é amolado por un rapaz que pisa a mangueira que o xardineiro está a empregar para rega-las plantas, cortando dese xeito o fluxo de auga. Cando o regador olla no furado para inspeccionar que é o que detén a auga, o mozo ergue o pé, facendo que o xardineiro molle a cara. O xardineiro está atordado e o seu chapeu está no chan, pero axiña se decata. Prodúcese entón unha persecución, tanto dentro como fóra da pantalla (a cámara nunca se move da súa posición orixinal) ata que o home atrapa ó rapaz e dálle unha tunda.[1]
Louis Lumière usou ó seu propio xardineiro, François Clerc, para interpretar o papel principal. Para o rapaz fedello, Lumière usou un aprendiz da factoría Lumière, que aparece nos créditos como Daniel Duval e Benoît Duval.[2] Mais parece que foi Léon Trotobas quen primeiro interpretou o papel en La Ciotat.[3]