L'Arena, Ranón, Sotu'l Barcu
Aparencia
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Asturias | |||
| Provincia | provincia de Asturias | |||
| Concello | Sotu'l Barcu | |||
| Parroquia | Ranón | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 1.372 (2024) | |||
| Número de fogares | 1.033 (2001) | |||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 5 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 33125 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 33069020100 | |||

L'Arena é a capital da parroquia costeira de Ranón, no concello asturiano de Sotu'l Barcu. Cunha poboación de 1 445 hab. (segundo datos de 2017),[1] é a localidade máis poboada do concello.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Atópase na beira dereita da desembocadura do río Nalón no mar Cantábrico, a 10 metros sobre o nivel do mar e a 3 km da capital do concello. Tradicionalmente, é famoso pola pesca do meixón e pola gastronomía arredor dela.
En L'Arena sitúase a praia dos Quebrantos, que xunto coa de Bayas, xa no concello veciño de Castrillón, forman un areal de máis de 3 km de lonxitude.
Festas
[editar | editar a fonte]Celebra as súas festas arredor da festividade de San Xoán, o 24 de xuño. Ademais, e por mor da súa tradición mariñeira, celebra tamén a festa de San Telmo o último domingo de setembro.[2]
Lugares
[editar | editar a fonte]- L'Arrabal
- El Barriu Chinu
- La Calea
- La Calea de Baxu
- El Charcu
- La Llama
- La Baxamar
- El Maumáu
- El Molinón
- El Parque
- El Picu
- Riulaveiga
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nomenclátor de entidades de poboación de Asturias". Consultado o 24 de setembro de 2021.
- ↑ Páxina do concello de Sotu'l Barcu.[1]
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: L'Arena, Ranón, Sotu'l Barcu |

