L'Arcusgi, fundado en 1984 é un grupo corso de música con raíces tradicionais. O grupo, das rexións de Bastia e Lucianna, destaca pola música tradicional polifónica.
L'Arcusgi é o nome que recibían os pequenos arcabuces utilizados no século XVIII polo exército de Pasquale Paoli, que loitaba pola independencia de Córsega. En consonancia co nome escollido o grupo caracterízase polo seu compromiso político e cultural co Nacionalismo corso e coa lingua do seu país.
O grupo comezou estando formado por un guitarrista e catro cantantes pero ao longo do tempo foi evolucionando ata a actualidade, cando o compoñen tres músicos e nove cantantes.