Koroivos B.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Koroivos
Información xeral
Nome Athlitikos Syllogos Amaliadas Koroivos
Liga A2 Ethniki
Fundación 1983
Cores                Negro, branco, azul
Presidente Grecia Georgios Paraskevopoulos
Adestrador Grecia Dinos Kalampakos
Localización
Cidade Grecia Amaliada, Grecia
Pavillón Pavillón de Amaliadas
Capacidade 2.000
koroivosbc.gr

O Koroivos B.C. ou Koroivos Amaliadas B.C. (en grego: Κόροιβος Αμαλιάδας KAE) é un equipo profesional de baloncesto da localidade de Amaliada, Grecia. Fundado no ano 1983, é parte do club deportivo Athlitikos Syllogos Amaliadas Koroivos (Αθλητικός Σύλλογος Αμαλιάδας Κόροιβος), cuxo nome é habitualmente abreviado como A.S.A. Koroivos (Α.Σ.Α. Κόροιβος). O club compite actualmente na segunda categoría do baloncesto grego, a A2 Ethniki. O nome do club é unha homenaxe ao primeiro gañador da carreira do estadio dos Xogos Olímpicos da Antigüidade: Corebos de Elis. O Koroivos xoga os seus partidos como local no Pavillón de Amaliadas, recinto con capacidade para 2.000 espectadores.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O club deportivo Koroivos foi fundado en 1982, nacendo a súa sección de baloncesto ao ano seguinte. No ano 2010 fusionouse co Xanthi, gañando os seus dereitos dese club, ocupando tamén o seu lugar na A2 Ethniki, segunda máxima categoría do baloncesto heleno, durante a temporada 2010−11. Na temporada 2012−13 ocupou a praza da A2 do AEK Atenas. Ao ano seguinte o Koroivos acabou en segundo lugar grazas ao acerto nunha canastra tripla de Sakis Karidas sobre a bucina ante o Kavaka, gañando así 58-57. Ao quedar segundos o club ascendeu á A1 Ethniki por vez primeira vez na súa historia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Έδρα – Ιστορία Έδρα" (en grego). Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2017. Consultado o 06 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]