Klaus Ostwald

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Klaus Ostwald
Nacemento26 de agosto de 1958
Lugar de nacementoBad Elster
NacionalidadeAlemaña e República Democrática Alemá
Ocupaciónsaltador de esquí
editar datos en Wikidata ]

Klaus Ostwald, nado o 26 de agosto de 1958 en Bad Elster, é un antigo saltador de esquí da República Democrática Alemá que competiu entre 1979 e 1986 coa SV Dynamo, a organización deportiva das forzas de seguridade.

Gañou o Campionato do Mundo de Salto de Esquí en 1983 en Harrachov cun salto de 183 metros. Nos Campionatos do Mundo de Esquí Nórdico conseguiu, na modalidade de equipos, unha prata en 1984 e un bronce en 1985. No Torneo dos Catro Trampolíns foi segundo en 1984 e terceiro en 1985.