Kimmie Meissner
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de outubro de 1989 Towson |
| Educación | Fallston High School |
| Altura | 162 cm |
| Peso | 45 kg |
| Actividade | |
| Ocupación | patinadora artística sobre xeo |
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
| Deporte | patinaxe artística sobre xeo |
| Disciplina deportiva | ladies' singles (en) |
| Adestrado por | Pam Gregory Todd Eldredge (pt) Richard Callaghan |
| Participou en | |
| febreiro de 2006 | patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2006 - Individual feminino (pt) |
Kimberly Claire "Kimmie" Meissner, nada o 4 de outubro de 1989, é un patinadora artística sobre xeo. Foi campioa do mundo en 2006, campioa dos Catro Continentes no 2007 e campioa dos Estados Unidos en 2007. É a primeira estadounidense e a primeira muller en conseguir simultaneamente os tres títulos.[1]
No 2005, Meissner converteuse na segunda estadounidense en realizar un triplo salto Axel nunha competición nacional. Foi membro do equipo olímpico nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 e foi a deportista estadounidense máis nova en competir neses xogos. Rematou sexta na clasificación olímpica e gañou o campionato do mundo o mes seguinte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kimberly Meissner, alcumada "Kimmie", naceu en Towson, Maryland, filla de Judy (Roth) e Paul Meissner.[2][3] É a máis nova de catro irmáns e a única rapaza.[4] É católica.[5][6] Os seus bisavós maternos, Paulina e Emmanuel Novo emigraron por separado dende España durante a década de 1920. O seu bisavó era un pescador galego.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tim McCarver, Kimmie Meissner (January 2008). The Tim McCarver Show (Television production). JMJ Films. Consultado o 2008-01-20.
- ↑ [Ligazón morta]
- ↑
- ↑ Wessling, Susan (febreiro de 2008). "Kimmie Meissner: America's Newest Golden Girl". International Figure Skating (Madavor Media) 14 (1): 32–37. ISSN 1070-9568.
- ↑ Towalski, Joe (23 de xaneiro de 2008). "Figure skater at U.S. championships someone to watch". The Catholic Spirit. Consultado o 5 de marzo de 2008.[Ligazón morta]
- ↑ Williams, Jennifer (7 de febreiro de 2006). "Faith, family score highest marks for 16-year-old Olympian skater". Catholic Online. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2007. Consultado o 5 de marzo de 2008.
- ↑ Thomson, Candus. "Meissner's music attuned to family," The Baltimore Sun, Sunday, 21 de xaneiro de 2007.