Killswitch Engage foi o título do álbum de estrea do grupo estadounidense de metalcoreKillswitch Engage, publicado o 4 de xullo de 2000 a través do seloFerret Music. Foi a única publicación do grupo por medio deste selo, xa que posteriormente o grupo asinaría un contrato co selo Roadrunner Records. As reedicións do disco nos anos 2005 e 2007 publicáronse tamén baixo o selo de Roadrunner Records.[1].