Saltar ao contido

Kernita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kernita
Fórmula químicaNa2B4O6(OH)2·3H2O
Clase6.DB.05 (Strunz)
Sistema cristalinoMonoclínico, prismático
CorIncoloro a branco
BrilloVítreo perlado
Dureza2,5 (Mohs)
FracturaAstillada
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca
Densidade1,91 g/cm3

A kernita ou rasorita é un mineral da clase dos minerais boratos. Foi descuberta en 1927 nun xacemento de boro no condado de Kern, en California (EUA), de onde provén o seu nome. O outro sinónimo débese polo característico hábito dos grupos de cristais fibrosos, que aparecen cortados rasados.

Características químicas[editar | editar a fonte]

Quimicamente é un tetraborato de sodio hidroxilado e hidratado. Convértese en metakernita se se quenta por riba de 100 a 120 °C, mentres que convértese en tincalconita cando se deshidrata.

Formación e xacementos[editar | editar a fonte]

Aparece en xacementos de rocha sedimentaria con boratos, formadas como evaporitas en ambiente continental árido, ou ben en lutitas con boratos que foron sometidas a metamorfismo.

Adoita atoparse asociado a outros minerais como: ulexita, inyoíta, colemanita ou bórax.

Usos[editar | editar a fonte]

É un importante mineral que se emprega na minaría do boro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]