Keltoi!
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Keltoi! | |
---|---|
Sime nun concerto en Vigo en 2012. | |
Orixe | Vigo, Galiza |
Período | 1995-2005 / 2010- |
Xénero(s) | Oi! |
Membros | Manu (batería) Dani (baixo e coros) David (guitarra e coros) Sime (voz) Mikele (guitarra e coros) |
Antigos membros | Gontxu (guitarra e coros) Kino (batería e coros) Xurxo (guitarra) Joselu(guitarra/coros) Adrián (guitarra) |
Na rede | |
Keltoi! é unha banda galega de oi! formada en Vigo no ano 1995 e desaparecida a principios do ano 2005 para volverse a xuntar no 2010.
Historia
[editar | editar a fonte]Keltoi! formouse a finais de 1995 na cidade de Vigo e realizou o seu primeiro concerto o día das Letras Galegas de 1996 no pub "Rass" da cidade olívica, ao lado dos Diplomáticos de Monte-Alto. En 1997 colaboraron no recompilatorio Oito anos de sequestros co tema "Galeg@s", e meses máis tarde apareceu a súa primeira maqueta, titulada Casco vello.
Despois da edición da maqueta realizaron concertos pola xeografía galega e incluso algunha actuación fóra de Galiza, como na primeira edición do Oi!, Ska & Reggae Meeting en Xixón. Durante estes concertos Keltoi! compartiu escenario con bandas como Malarians, Los Milicianos, Skarface, Disturbio 77, Xenreira, Skacha ou Oi! The Arrase. Pero Sime, o vocalista do grupo, tivo que deixar a banda para ir traballar a Dublín e Keltoi! entrou nun período de inactividade.
A mediados do ano 2000 Sime volveu a Galiza, e Keltoi reiniciou as actividades, sendo un dos primeiros traballos a gravación de catro cancións para o recompilatorio Estado de sitio. Durante os seguintes anos produciuse o período de máis actividade da banda, saíndo a tocar varias veces fóra de Galiza e actuando con bandas xa consagradas como Dropkick Murphys, Thug Murder, Frontkick ou The Real Mckenzies.
Pero debido a que o guitarrista Mikele toca coa banda Soak e o batería Kino con Skacha, e tamén ás novas responsabilidades dos membros do grupo, finalmente decidiron disolverse, facendo o seu concerto de despedida o día 17 de xaneiro do 2005, xunto coas bandas Malas Cartas e Frontkick na sala Anoeta de Vigo.
No ano 2010 editaron un novo disco autoproducido "A nosa cinza" que nun principio se consideraba coma un disco "postumo" da banda, o mesmo tempo volveron a actuar para presenta-lo, iso si, con novos compoñentes, Gontxu e Adrian, xa que dos Keltoi! orixinais só quedaron Sime, Dani e Kino.
A comezos de 2012 Keltoi! volveu a trocar de formación, entrando Manu á batería, substituíndo a Kino; e Xurxo nunha das guitarras por Adrián.
Nesta nova época seguiron dando concertos, tocando con bandas como The Boys ou Perkele. O 3 de xuño de 2012 actuaron no Estadio Municipal de Balaídos diante de 31.000 persoas o día do ascenso do Real Club Celta de Vigo a primeira división. Actuaron por primeira vez en Madrid xunto á banda inglesa Guitar Gangsters. Xa no 2013 viaxaron por primeira vez a Cataluña para tocar no Sant Jordi Indp Festival xunto con EINA e Opció k-95. Tamén tocaron en Vigo xunto a unha das súas bandas de referencia, The Adicts.
Despois dalgún tempo, Brais, Dani e Sime, con Mikele e David nas guitarras graban o seu terceiro disco.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Casco vello - 1998 (Bronco Bullfrog Records)
- A Nosa Cinza - 2010 (ONDC Records)
- Sons da rúa - 2016 (ONDC Records)
- Tempos Convulsos - 2020 (ONDC Records)
- XXV - 2021 (ONDC Records)
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- Oito anos de sequestros - 1997 Achegan un tema.
- Sonidos de la Calle. Vol. 1 - 2000 Achegan un tema.
- Oi! Um Grito de Uniao Vol. 3 - 2000 Achegan tres temas.
- Estado de Sitio - 2001 Achegan cinco temas.
- Riot-Kids - Ten years of OI! - 2013 Achegan un tema (Regrabación de "Coma Vós")
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Keltoi! en MySpace
- Keltoi! Web non oficialArquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine.