Saltar ao contido

Kawasaki Ki-45

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ki-45 Toryu
Ki-45 Toryu
TipoCaza
FabricanteKawasaki
Deseñado porTakeo Doi
Primeiro voo1939
Retirado1945
Unidades construídas1.701

O Kawasaki Ki-45 Toryū (二式複座戦闘機 Nishiki-fukuza-sentōki, 屠龍, 二式複戦, 二式双戦; matadragóns) foi un caza bipraza xaponés usado durante a segunda guerra mundial. O seu deseño deriva do bimotor Ki-38 de 1937. Fixo o seu primeiro voo en 1939, pero o seu deseño atrasouse pola insistencia do exército xaponés nas modificacións, comezando a súa produción a partir de outubro de 1941. Entrou en servizo finalmente en 1942. Foi alcumado "Nick" polos aliados e fabricáronse en total 1.701 exemplares.