Atol Kauehi
Kauehi | |
---|---|
Datos | |
País | Francia |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2007) | 553 hab. |
Superficie | 15 km² |
Superficie lagoa | 320 km² |
Nº de illas | |
Coordenadas | 15°50′S 145°07′O / -15.833, -145.117Coordenadas: 15°50′S 145°07′O / -15.833, -145.117 |
Maior Altura | |
Localización | |
![]() |
Kauehi é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. É unha comuna asociada á comuna de Fakarava, que inclúe o atol de Taiaro. Está situado ao oeste do arquipélago, a 40 km ao nordés de Fakarava e a 18 km ao noroeste de Raraka.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O atol é moi baixo, cunha forma case circular de 23 km de longo e 17 km de ancho, e cun paso á lagoa interior. A superficie total é de 28 km². A vila principal é Tearavero, cunha poboación de 699 habitantes no censo de 1996. Os habitantes viven principalmente do cultivo de perlas e copra. Dispón dun aeródromo.
Historia[editar | editar a fonte]
Kauehi foi descuberto por Fitz-Roy en 1835, aínda que probablemente xa era coñecido polos comerciantes de perlas. Era coñecido co nome de Vincennes.