Katalonski
Katalonski | |
---|---|
Na rede
| |
http://www.ccma.cat/tv3/katalonski/ |
Katalonski é un programa de televisión catalán que se estreou o 12 de abril de 2018 na TV3, presentado polo músico islandés Halldór Már. A produción, en formato documental, conta a historia de estranxeiros que aprenderon o catalán, aínda que, ás veces, nunca viviron en Cataluña.[1] O termo Katalonski é a tradución da palabra "catalán", en polaco, búlgaro, bosníaco, belaruso, croata e serbio.[2] Katalonski é unha produción de TV3 en coprodución cunha Broadcaster Audiovisual Services e La Lupa Produccions, co apoio e colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, o Institut Ramon Llull e o Departamento de Asuntos exteriores e de Relacións Institucionais e de asuntos Exteriores e de Transparencia da Generalitat.[3]
Durante a primeira tempada do programa, cóntanse as diferentes experiencias de preto de 80 persoas de 13 países diferentes que, malia non seren cataláns, coñecen a lingua e a cultura.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El País, ed. (3 de setembro de 2017). "Un islandès presentarà el nou programa de llengua de TV3" (en catalán). Consultado o 13 de abril de 2018.
- ↑ El País, ed. (3 de setembro de 2017). "Un islandès presentarà el nou programa de llengua de TV3" (en catalán). Consultado o 13 de abril de 2018.
- ↑ Enganxats, ed. (28 de marzo de 2018). "TV3 estrena "Katalonski" el 12 d'abril" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2018. Consultado o 13 de abril de 2018.
- ↑ La Vanguardia, ed. (13 de marzo de 2018). "Tv3 presentará en "Katalonski" hablantes del catalán de todo el mundo" (en Castelán). Consultado o 13 de abril de 2018.