Karmapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Karmapa (oficialmente "A súa Santidade Karmapa Gyalwa") é a cabeza da escola Karma Kagyu do budismo, a cal é a sub-escola máis grande do Kagyupa (Tib. Bka' brgyud), unha das catro escolas máis grandes de budismo tibetano.

Por unha controversia dentro da escola Karma Kagyu e con China, a identidade do 17º Karmapa está en disputa. Véxase a Controversia do Karmapa (Interwiki) para maior información.

Orixe do Karmapa[editar | editar a fonte]

O Primeiro Karmapa, Düsum Khyenpa (Dus gsum Mkhyen pa) (1110-1193), foi un discípulo do gran mestre tibetano Gampopa. Era un novo prodixio que estudaba o dharma (ensinos budistas) co seu pai dende moi novo e crese que logrou a iluminación aos cincuenta anos mentres practicaba o Ioga dos Soños. Desde entón, foi coñecido como Karmapa, unha manifestación de Avalokiteshvara (Buda da Compaixón), cuxa vida foi predita no Sutra Samadhiraja e o Sutra Lankavatara.[1] Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.[2]

A Coroa Negra[editar | editar a fonte]

Bandeira do Karmapa.

O Karmapa é o portador da Coroa Negra, polo que ás veces é coñecido como o Lama da coroa negra. Esta coroa tradicionalmente dise que foi tecida polos dakinis a partir do seu cabelo e outorgado aos Karmapas en recoñecemento á súa realización espiritual. Esta primeira coroa non posúe unha realidade física, senón espiritual. A coroa física que usan os Karmapas foi ofrecida ao 5º Karmapa polo emperador chinés Yongle como representación material da coroa espiritual.

Esta coroa crese que está no mosteiro Rumket, en Sikkim, o último fogar do 16º Karmapa.

Lista dos Karmapas[editar | editar a fonte]

  1. Düsum Khyenpa (dus gsum mkhyen pa) (1110 - 1193)
  2. Karma Pakshi (1204 - 1283)
  3. Rangjung Dorje (rang 'byung rdo rje) (1284 - 1339)
  4. Rolpe Dorje (1340 - 1383)
  5. Deshin Shekpa (de zhin gshegs pa)(1384 - 1415)
  6. Thongwa Dönden (1416 - 1453)
  7. Chödrak Gyatso (1454 - 1506)
  8. Mikyö Dorje (1507 - 1554)
  9. Wangchuk Dorje (dbang phyug rdo rje) (1556 - 1603)
  10. Chöying Dorje (1604 - 1674)
  11. Yeshe Dorje (1676 - 1702)
  12. Changchub Dorje (Byang chub rdo rje) (1703 - 1732)
  13. Dudul Dorje (1733 - 1797)
  14. Thekchok Dorje (1798 - 1868)
  15. Khakyab Dorje (1871 - 1922)
  16. Rangjung Rigpe Dorje (Rang 'byung rig pa'i rdo rje) (1924 - 1981)
  17. Ogyen Trinley Dorje (nacido en 1985) ou Thaye Dorje (nacido en 1983)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]