Karekin Bedkjian
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1942 Istambul, Turquía |
Morte | 21 de novembro de 2024 (81 anos) |
Actividade | |
Ocupación | Arcebispo |
Consagración | Vazgen I (en) |
Karekin Bedkjian, nado como Dikran Bedkjian o 12 de decembro de 1942 en Istambul (Turquía), é un arcebispo apostólico armenio, actual primado da diocese de Alemaña, baixo a Santa Sé de Etchmiadzin.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dikran Bedkjian estudou na escola dos mequitaristas en Istambul, e en 1959 entrou no seminario de Üsküdar. Foi ordenado diácono en 1963, e o 25 de xullo de 1965 foi ordenado sacerdote célibe.[nota 1]
En 1991 o catholicos Vazken I convidouno a exercer o seu ministerio entre os armenios en Alemaña, e a dirixir os esforzos para crear unha nova diocese. O 31 de xaneiro de 1992 Karekin Bedkjian foi nomeado formalmente primado da nova diocese, e o 27 de setembro do mesmo ano Vazken I consagrouno bispo.
Durante a súa visita a Alemaña, o catholicos Karekin I elevouno a arcebispo cunha encíclica do 28 de maio de 1998.
Notas
[editar | editar a fonte]- Notas
- ↑ Na Igrexa Apostólica Armenia os sacerdotes poden ser ordenados célibes ou, se levan un ano de matrimonio e teñen un fillo, casados. Os sacerdotes célibes, unha vez ordenados, non poden casar.
- Referencias
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía na web da Santa Sé de Etchmiadzin Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
Títulos relixiosos | ||
---|---|---|
Predecesor: (creación da diocese) |
Primado de Alemaña 1992 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |